DIGNIDADE

martes 21 xuño 2016

Obrígannos a calar, cando

vemos animaladas que están fora

de contexto, e eles fan do silencio

coma resposta ós refuxiad@s.

Non resolvemos os problemas

dos países, cultura dos Pobos,

por que a partida persiste perante anos,

sempre queda en táboas, “non interesa”.

As mulleres son esmagadas

no mundo por ser muller,

calamos e calamos e deixamos

que seña así, ¿Que sociedade somos?.

Estamos na nosa casa

e non sabemos coidar dela,

coma vamos coidar da natureza

si é noso sustento, pregúntome.

O traballo dignifica sempre,

a non ser có desvirtuemos

e fagamos del un peso intransportábel,

có medo sexa o trasporte.

Todo é superfluo

cando a vida a sentimos,

cando temos morriña dos sentimentos

e non negamos o amor.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado