discriminación mundial positiva

luns 08 abril 2019

Un fino, apetecíame nun día

coma hoxe, pra celebrar o futuro

que se nos aveciña, cos cores de poeta

e luces de fervellasverzas  mostras.

As voltas dos silencios que alegras

cada despertar, despois dos sonos

ca radio nos involucra no raciocinio

das verdades do Pobo que se ocultan.

As forzas dos alimentos creados pola

ciencia da túa sabedoría, reinan no

prato o orgullo feminino do facer

con clase de aprendiz dunha nai supervisora.

A sensatez con que a auga coce

nun fornelo de calor o verde da esperanza

quenes a luxuria do inimigo, que padece

infame o relax dun machismo perdigueiro.

A fala incrustada na apoloxía da verdade

alimenta de redobres musicais, que enlazan

as noites de pracer cos días embriagados

de Rapikoque, fortalecendo o curazón do ar.

Ledicia…. non chores un pasado secuestrado

pola envexa, a deshonra, a malicia, dos

homes que enaltecían o terrorismo

feminino, pra lucrarse o varón da realeza.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado