Doñana

martes 06 decembro 2016

Falades pra

o futuro da humanidade?

ou mentides coma cosacos

co só afán, da soberbia, o poder....

Fálame de que serviu

pechar as portas da verdade

pra pisar con ignorantes verbas

a saúde do Pobo que pide dignidade.

Nalgún lugar verteran verbas

se sentidiño que ordenadas

polo demiúrgo farán frases

que inxecten un novo vivir sen muros.

Atino chegar a razón

que busca unha verdade

sen ataduras das mentiras

que se cocen polos políticos de usura.

Todo corpo opulento

enraizado nunha mente perversa

desenrola lucubracións

que salienta co seu pensamento.

Aine, restablecer os silencios

pasados, deixando na historia,

e proclamar pra o futuro

conciencias que miren polo ben do planeta.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado