dolar enxaula....

xoves 21 xuño 2018

Cando receas e foxes da

realidade, e agóchaste no

desprezo cara quen pregunta

servirte da mentira pra responder.

Asediado por paranoias telepáticas

no teu cerebelo, estrullas as verbas

vociferantes sobre o escenario,

describindo desprezo que só teu  corpo responde.

As sílabas no caso dos oíntes

enchufados na orixinalidade da

entrevista, manipulan nos teus ollos

o desatino que evoca o fume inerte.

Todo posicionamento do teu estado

recae na soberbia equilibrada polo

pensamento, que no discutir das

verdades saen a sangue polas pálpebras.

O peche da saturación dos iris que

enxalzas con blasfemias que aprendiches

entre corvos inxuriosos que che ensinaron

ca verba dada e unha mentira que che perdoan.

…. a espada que levan cravada no curazón

e o acto de masturbación da súa mente

que negociou en legal, e asina a seu proxecto

na ilegalidade, que beneficia o suxeito en cuestión.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado