Eclipse ciudadá

mércores 16 agosto 2017

Nesta historia de autoridades

recalcitrantes có seu destino

é a hipocrisía de xulgar

o inxulgabel pra abastecerse de premio.

Polémicas orneables, interactuar

coa precisión abarcada dende

o estado da embriagadez, é un

punto de inflexión a unha realidade cónica.

Baleirar de contido o sistema

pra que o Pobo aduza necesidade

de abastecemento coa presión

envolta na falla de sínteses global.

Enumerar recursos que saian

da terra, co afán de desmembrar

a inexistencia da man produtora

que serve de escravizar os Pobos de fame

Vulnerar os sentimentos apatrias

que nun intre dado é a persecución

do estado polo estado, e a insubmisión

do poder polo poder das crases imperiais.

Aine, teño morriña moitas veces,

cás falsidades recalcitrantes dos señoríos

non se volvan ignoradas polos Pobos

pra unha supremacía inxuizada por tod@s.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado