ecosilencio activo virtual

mércores 04 xullo 2018

Si non lle damos mais importancia

ás propostas cós que manteñen ideas

semellantes ás nosas, e si calamos outras

que son as que prexudican ao Pobo, mal vamos.

Si intentamos corrixir a nosa fala,

porque notamos que fomos educados nun

tipo de educación, onde todo era masculino,

é porque realmente ninguén pensou o seu significado.

Si loitamos pra trocar as cousas

e deixamos as que non parecen que

non teñen importancia porque foi  así

perante dous mil e pico anos, ¿somos coherentes?.

Si destruímos a vida mariña

envelenamos os ríos, fontes,etc….

degolamos os animais por avaricia

que nos queda, mirarnos aos ollos e decir….

Si negociamos nosa dignidade

que nos atordou perante séculos

a indiferenza das causas, por deixalas

pasar, e que o troco non queremos que troque.

…. despois de comer o que ao mellor

non debería, pola sobre exprotación, ou ver

que seguimos na ilustración, etc…., que

silencio era silencio na boca, ou que silencio na poesía.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado