empoderamento feminista repubricano

domingo 14 abril 2019

Oio destelos de sabedoría ,

entre as néboas que nos oprimían

a felicidade secuestrada polos

vellos varóns que copulaban a súa malicia.

A dignidade gañada por desertos

e mares que abriron conciencias que

estaban apagadas, polos maltratos

esgrimidos perante séculos das envexas.

A escuridade fíxose crara e concisa

sen o medo paterno, que agochaba

no seu interior un sol que desmerecía ,

pra suplantar na súa conciencia a nulidade negativa.

Os estreitos lineais repelíanse  coa forza

de delirios , que ofuscaban ao vento as

negras verbas cos poetas relataban,  sen

experimentar a influencia do día coa noite.

Ledicia…. alborotar o galiñeiro coma fai o zorro

e signo de non entender os pasos dados na vida,

describamos os zorros humanos que son os que

alteran a Paz, entendida pola igualdade dentro  dos Pobos.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado