Encantamento

mércores 17 maio 2017

Vexo unha boina

sobre teu cabelo esmeraldo

onde a igualdade substantiva

subjaze sobre o tormento namorado.

Deposito sobre o recuncho

das cidadáns de xénero

que coa solidariedade humana

expoño o concepto heterosexista.

No escenario da humildade

no congreso dos visitadores acusadores

con pensamentos de garabata

transforman o solo, do ego.

Os obstáculos impostos por réximes

acompañados de falla de hixiénicos

papeis esgotados por familias

que están descompostas de billetes.

Todos pensamos o mesmo

no entorno do mundo

na conciencia de xénero

diría teu clítoris é teu.

Aine, hai un sentido económico

que non pensa no sentido famento

porque che regala un caramelo

pra que dulcifiques os sentidos, e non pensemos.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado