equidade democrática

mércores 27 xuño 2018

Asestado o ditame periodístico

sobre unha mente que escoitaba

a Silvio, empregouse a fondo pra non

incorrer en erros, porén a súa xuventude o delatou.

A idiosincrasia do opoñente no taboleiro

descubríalle e ensináballe as xogadas

que il mesmo voltaba caer na mesma

pedra unha e outra vez, confundindo o dito co feito.

Os lóstregos e os tronos cos veciños

emprendían na súa carreira coas miras

mais altas, quedaban esborranchadas entre

preguntas que asexaban a súa confusión  na vía.

O salto dado pola destreza e endereza

do contrincante, esmiuzaba a paráfrases

que fotos turbias en terreos queimados

polas alpargatas  de area da praia, estaba obviando.

O descontrol ante ameazas que lle viñan

en rima de parágrafos escritos ao calor dunha

lúa rechea de cores autoritarios, que sobre

súa mente esculpían un mal presaxio na escultura.

…. que resolve trocar a solaridade do Pobo

coa enxurrada de billetes na caixa, se no fondo

o único que consegues é a avaricia, a envexa

do teu ego, pra morrer entre papeis manchados de sangue.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado