"era" cacholan?.....

mércores 01 xaneiro 2020

Usas toda a forza

coma un animal ferido

que busca a saída por

onde sexa, é o labirinto.

Ensinámonos a albiscar

o ben do mal, que nos acochaba

no día a día, coma un reloxo

que nos marcaba o tempo.

Dialogamos entre as rexas

da vida, que nos miramos

na natureza que nos mira

e nos insinúa liberdade.

Pechemos nunha gra caixa

as armas da negación que

invadían o pensamento do

home decorado por goya.

Ledicia….. o respecto

coloreado de fontes de silencios

que limpan os curazóns

dunha envexa, non outorgada a nos.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado