Escarnio

mércores 21 xuño 2017

Ningunear a picada do que

esperas, o suicidio da planta

que te sangra pola napia

os gritos alterados da voz.

A razón non a perdo

por que  te calas entre néboas

que escóndeste entre a malicia

dos espíritos que te adoraron.

A redundancia que fas da hipocrisía

esqueces que fuches un neno

perdoado pola desnutrición

dos silabarios escritos no teu destino.

Formouse un desequilibrio mental

no teu horto cas leitugas que saen

verten sabia negra sobre as túas

veas que espárramas sangue no iris.

Non barrenas, deste poema

que mereces por apremar o Pobo

loándote na vil vinganza

a unha flor que se revirou ao teu pensar.

Aine, escóitame, apártate dos virus

dos homes que te queren aterrar

nun deserto de auga, con soños

de esperanza, que van pra o caixón.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado