esencia de vida.....

xoves 16 abril 2020

Golfo estas sendo…..

porque es un cabrón,

discrepo da miña soidade

vestida da de negro, con cores escintilante.

Non protexo a miña saúde

enganándome coma un neno

que quere xogar entre as rúas

cheas de solitarias partidas.

Acostume para sonar, o mesmo

que sona o POBO, cada un

individualmente coma xurdiu súa

historia, para renacer cun amencer.

A ansiedade non existe, mais que

no teu interior, produto das miserias

dos homes que non queren vernos

felices, con pouco entoamos liberdade.

Ledicia…..suspiramos por

nosos antepasados, sen querer saber

súas historias, para avanzar cara un

futuro sen rancores nin envexas…..






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado