Espellismo

martes 21 marzo 2017

A noite foi longa

non sentín as sabanas

só o sofá que me anica

entre sonos, pra un despertar novo.

As novas que escoitaba

seducíanme no amencer

que algo esta pasando

dende un antes e un despois.

O tempo pasa a modiño

e ao mesmo corre

que non te decatas

cando te das conta outro día entra.

Escolles intres mentres pensas

neses días que non atormentan

os aranceis que lles poñen

a vida as hienas que asexan.

A flor que rego cada día coa mirada

espérate no meu corazón

coma as mañas tristes que son grises

e repuntan o día con ledicia.

Aine, vaste disipando no esquecemento

longos días de loita

que están no pensamento

e non me aburre o seguir soñando.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado