esperandote

venres 22 xullo 2016

Paseo con ás sobre

o vento que alumea

o firmamento, que abraia

coas estrelas o circulo do amor.

Atrevidos son os versos

que sobre campos pedregosos

alimentan de amor os cores

que nosa vista se perde ó mirarte.

Tempos aqueles nos levaron

un silencio, co só entendemento

a verba calaba, se postula na

nota ca guitarra das frechas amadas.

Igualdade entre esas flores

que no letargo da noite na almofada

escoitas historias que ten o insomnio

coma principal parlante entre as estrelas.

Si presinto que es oscuridade

que vacila o sermón co día che

ofrece, asemade a noite se converte

en posicionamentos que non describe o Pobo.

Aine, longas noite levamos

que non sedúzamos o sexo

malia doces escaravellos non fan

vagalumes na noite de plenilunio.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado