Eu, feminista

mércores 08 marzo 2017

Miro o mar

e véxote entre odas

cós sucos do barco

abren camiño cara a liberdade.

Miro a montaña

e vexo a soidade

de moitos ollos que berran

onde esta a felicidade.

Chove miudiño cara o miño

deixando o dominio da violencia

entre bastidores de papel

pra que o poder non sexa malévolo.

Vimos ó mundo a matarnos

ou escoitar a vida

con cada filosofía que nos

outorga nosa nai natureza.

Procreamos monstros de matar

cando a sinxeleza da vida

e subir o libido intelectual

pra diagnoses de conflictos que choran.

Aine e hora de

sorrirlle a vida ca nosa nai

nos deu pra que o ar circule

polas rutas dos sentimentos do amor.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado