Eucalipto

mércores 21 xuño 2017

Intento percibir unha música

que oio cada amencer co sol

sae e pelegrina polo mundo

e me retira a lúa, a soñar contigo.

Abrázame de suspiros

que enlouquezan as montañas

da paixón de mirar dende unha

terraza os solitarios sons.

Acompañarte nun destino

sedento de flores fermosas

que emulan longas caricias

a un mundo de amor.

Din que chegar cando se vai

e volver cando se regresa

e a ruta co poeta atopa

de cando en vez te miro ós ollos.

A realidade fornecida dun tempo

a realidade envolta nas verdades

sorrímonos das mentiras expostas

polos pensamentos que flúen sen razón.

Aine, embelecer de historias a vida

onde non existe un amor sen cor

que aplaudan, as verbas os soños,

que desposemos un día de sol.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado