feromonas rapikocadas......

mércores 03 febreiro 2021

o ar que move os lisos, febles,

rizados, retos, ondulados, pelos,

na media noite resémbranse,

e parece o que non é……

o ar escoitase no horizonte

mar, que se vai achegando

a costa ao mediodía pra

un almorzo sen frituras……

agochar nas rochas

os ventos do pasado

coma feces románticas

de correntes snob bárbaras.

a chicha que atafego o mal

humano, entre sombras azuis,

rematan en sangue e dor,

que quenta feromônios da ira……

os ollos espidos que miraban

seducións sobre umbras do sil

que estila cor nos ollos rapikocados

sobre o verde val do horizonte lonxano.

ben o suxeitador desperta

da pedra, dura coma azucenas

que se reviran a vida, e desvelan

verdades agochadas  nos silenzos……






os comentarios foron deshabilitados.