flúe de Lugo-Vigo o Tempo
Nosos anciáns pateados
forzas de seguridade rompendo
a DEMOCRACÍA, periódicos
aplaudindo, goberno inexistente….
Porras contra urnas e papeletas
Represión fronte o diálogo
goberno incomunicado pola desidia,
son guerrilleiros impostos na mente….
Nais que aturáchedes os séculos
do pais que vos dominaron
encher de frores as mentes
dos fillos que tomaron drogas….
!Que vergoña!, bolas de goma prohibidas,
Represión ao Pobo, mallando con soberbias
dos homes, Señoras pedindo DEMOCRACIA
coas mans en alto, as bagoas non choran….
Ver a un fillo agredir á aboa
que pensara, cando se deite, e recorde
a escena co mundo esta vendo,
súa mente chorará sempre coma un neno….
Perigos@s antisistemas, nos@s abo@s
achegan coma triplas encestando nas urnas
os seus votos pensados, ceibes, e sen coacción,
só os ineptos o queren impedir con defensas agresivas….