Flor de porcelana

martes 30 agosto 2016

Camiño a carón do mar,

escoito o asubío do Pobo

que berra que quere outro

ritmo de vida do seu estatus.

Camiño a carón do río,

adiviño que a xente lle falla

felicidade, que non demostra

síntese desafiuzado do sistema.

Camiño cara o monte,

os animais están trocando

pra a súa supervivencia, que ven

como esborrallamos o noso lar.

Camiño a carón dos camiños,

que retrotraen a súa andaina

co amor dun algo, que non chega

nun estado real porén chégalles no imaxinario.

Camiño cara os Pobos,

non vale enganar o ser

con mentiras que tod@s sabemos

asemade calamos por medo.

Aine, volvo a carón de ti

que sempre escoitas as verbas

que descifran os pensamentos

das sabias frases ca natureza dicta.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado