Flor do loto

martes 23 agosto 2016

Estou vendo un mundo

onde os cores xogan cas persoas

reciclando a vista dos corpos

que esconden mentes disparatadas.

No teu refuxio me agocho

no meu soño, pra levantarme

todos os días coma si fora

a salitre que vive na auga do mar.

As rúas míranse polas pisadas

que espallas por onde van

os corazóns que evitas na nada,

do mundo da falcatruada.

Péchaste no silencio das paredes

que ven unha tristeza nos pálpebras

porén tamén saben cos soños son

posibels si o mundo desperta do seu éxtase.

Hai un mar que me leva seducindo

dende anos, baixo da vida,

que me fala cada vez que pensas

coma os beizos galopan polo ar.

Aine, as rochas son duras

coma o meu amor,

si a loucura escoita unha música,

algo percibe meu corpo.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado