Flor morcego

xoves 18 agosto 2016

ser home que escoita os homes,

ou ser muller que escoita ás mulleres,

me sento no meu mundo,

en troco, non vexo a realidade.

Escoitar as campás cando

soan no interior do corpo

que flota  no ar, e non verten

os silencios nun futuro inmediato.

Amar cando o amor esta

calado, e existir no imaxinario

co meu corpo serve de luz

sobre teu corpo que agochase no amado.

As veces que vin as pernas

sobre pasos que falan dás pisadas

que mentres me embrollo sobre

lapsus de tomar un café.

Entrar pola porta coma

número que deposita a confianza,

de ser mais un alguén que un non

existo, onde estou, fora ironía.

Aine, cada noite escoito música

mentres a man escribe os nosos silencios

que falan do amor, ca xente,

non vai saber distinguir o branco do negro.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado