Fol

mércores 09 novembro 2016

É o amor que chama

as bisagras rotas

non existe porta

que amaine o libido.

Entrelazadas os destinos

corrompemos os delirios

secuestramos os poderíos

e damos luz ós sentidiños.

Enxalzamos os ollos

nocturnos, que alumean

as estrelas cando o mar

da túa soidade pensa.

Enfilando o sono

que en sabanas escorregadizas

acazapábanse entre almofadóns

persistentes unha tolemia viva.

Túas mans abrazaban

os remontes sobre os pés

que pesaban douradas follas

co outono coloreaba de morbo.

Aine, a distancia entre puntos

son círculos de amor

que unidos polo xemidos

buscan aluvións de silencios no corazón.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado