fraternidade ambigua

mércores 20 decembro 2017

Enaltecer o curazón na chegada

do inverno, esmigallando todo

o ano de alegrías e penas, amnistiemos

os pensamentos recordando o tempo.

Pasamos a vida entre doses

de lumes cruzados que te pillan

escoitando unha música agradábel

nas mañás frías de brétemas amuralladas.

Un morea de colosos pasan

despistados, mentres aflora

esta poesía sobre o verniz

da miña mente aguerrida, a loita.

As verbas salpican o decorado

entre imaxe e imaxe rexenta

os ollos cun día de furia sobre

meu corpo asexaban males rancorosos.

A iitinerancia de sobrepoñerse

as forzas do mal que inculcan

na mente o sufrimento litúrxico

pra que perdamos as ansias de vida digna.

Aine, a natureza agocha un

tipo de vida, que estudando

as súa psicoloxía, podemos chegar

a conclusión onde o futuro reviva.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado