Fusa

mércores 23 novembro 2016

Nun mundo de fantasía

lévaste na palma da man

o libro da ousadía, onde o

nervio das letras fan poesía.

No armazón co que vistes

túa filosofía, leo na cara

as poses que teu corpo deposita

sobre a branca area da vida.

Os sonos me espertan

entre raios de sabedoría

que adozan a mente

con correrías de blasfemias impúdicas.

Do río circula a sangue

que envolve de desaires

baixadas por posicións ecuánimes

alimentando de fogos eternos.

Os críticos intres fortalécense

en pensamentos, que co barullo

de tantas voces disípanse

en belos relatos de amor encerellado.

Aine, o logro co que os movementos

nos ensinan a pensar

so días que circulan

entre rúas falantes de feira.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado