Garza branca

xoves 25 agosto 2016

Sentado me atopaba nas

penumbras da noite cando unha

luz acendeuse e a música empezou

a facer a festa co corpo pedía.

Non se depositaban, as miñas perseidas,

que oía dúas músicas que me falaban

sen saber onde atopaba os cores

ca noite depositaba sobre meu corpo.

Sentada mirando o mar que

me criou, mentres choraba a lúa

de que podía sobrevivir o holocausto

que me impoñía a vella ladaíña.

Vexo a lúa que escorre nos

loureiros co chan produce nas miras

dos verdes cores que o mundo

describe sobre as miradas dos tolos.

Despois de ser historia no retrete

que me escudei, no esquecemento

de salvar noites que describen

o parabéns da felicidade, por intres.

Aine, que posición toma nun intre

en que nos vemos e non falamos,

en troco, agora, sento teu corpo

no meu regazo, sen palpar túa alma.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado