granizado explorador

xoves 30 agosto 2018

O segredo provocou unha mirada

no prato, que envolvía algo que

estaba alumeando , xa contar algo que

non quería contar, pedía axuda de amizade.

@s tres tomaron decisións en paralelo

solitariamente resolveron un problema

que lles carreaba dor interno, foron

fieis a amizade e cada un expuxo seus argumentos.

Dous tiñan craro que algo rodáballe

a cachola, por un lado a hixiene bucal

de falar e contalo, e segundo cá resposta

fora adecuada ao que pensaba, non atinou.

Porque pretendía defender algo indefendíbel

no intre actual, en plana efervescencia dunha

guerra psicolóxica , non tiña mais cabida a

resposta que lle deron, que foi a ideal pra o futuro.

Resolto o enigma non lle queda mais remedio

que achantar, e pedir perdón a quen  sabe

e a auga volve correr, e corre pra o mar das

valentes que desemboca nun mar de cores.

…. por outra parte rapikoque fixo honor

de estrearse subliñando no que é,

resolver por si só, cós silencios se vaian facendo

realidade, entre os sonos depositados na mente.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado