hiperandrogismo

luns 15 xullo 2019

Encantado de que chegaras

a meu curazón, agochada

nos silencios dos novos sistemas

da vida que nos ensina a non sufrir.

O tempo ía pasando día a día,

nos iamos entendendo, primeiro

me encaixaba a ti a novas formas

de traballo que me inspiraba novo.

A loita foi dura nos nosos mundos

no que vellas historias dun pasado

escrito na túa mente e na miña

enfrontábase ante a vida de cores.

Os ruídos alértanme de cada movemento

que teu corpo desenrola entre os distintos

dores que me vas transmitindo a meu

corpo, pra que alguén os repare en silencio.

Ledicia…. atópome só no sofá escribindo

o que penso, esperándote a que me mandes

un bico entre as liñas da información rapikoquianas

pra que teu olor sexa transmitido ao mundo.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado