hipertrofia gobernamental

martes 05 decembro 2017

Vai chegando outro inverno,

as follas doa árbores fan abono

no chan, os corpos mingúan e

disparan a tarifa, pra saldar débedas do medo.

A sínteses do estado que alimenta

de salarios indignos o Pobo

recrúan á infancia dos nen@s

que sofren a traxedia dos indebidos, por non poder….

Mentres uns depositan sórdidas

verbas de poder, que trafican

cos empregos, deseñando continxentes,

pra que renaza no Pobo a envexa entre eles.

A volatilidade ca vida ensina

ao empresario é difamar que non

se fai negocio nestes tempos, e despois

ensina as xoias, lucíndoas por onde pasa.

A precariedade é o síntoma do capitalismo

que erosiona o capital do Pobo

coa desigualdade e a perdida de benestar

pra que os beneficios sexan maiores pra seu peto.

Aine, desbaratemos as desidias dos

opresores, que so ven no Pobo a forma

de seus negocios, sen importarlles nada

se sofren, pasan frío ou morren.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado