Hortensia

mércores 31 agosto 2016

Dígoche miles de verbas

que realzan o amor que lle

procesamos a esta terra que amamos

porén despreocúpanos os sonos futuros.

So vexo túa imaxe, no meu iris

que fala doses de encantamento

que so os versos silenciosos

saben do cor do lenzo.

Estrullo os soños con voces

que falan entre paredes, que non

escoito, porén cando desperto

as luces acendese  co amor da noite.

O recuncho onde se agochan

os cadros que teñen historias

que percibimos cando os miramos

e non emitimos verbas senón silencios.

Non podo rematar ca vida

sexa dos soños, un real e outro

virtual que falan entre si coma

dous amantes que amanse a par.

Aine, que vulgar seriamos

si os bicos que nos damos polo vento

en imaxines, se volva virais

e non se diluían entre vellos papeis.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado