inacción no disenso

mércores 06 decembro 2017

O engrenaxe cá vida lle da

aos distintos Pobos que conforman

unha nación plurinacional onde

describir súa cultura, prescribe no tempo.

O realismo escrito por idiomas

diferentes, que buscan nas súas

raíces, un sentir dun Pobo que

engrandece todo con áureas de natureza.

O plasmar unha vida de acollemento

das distintas etnias culturais que

abarca o terráqueo, fala do positivismo

dun Pobo que sabe recibir e dar Paz.

A distorsión do sufrimento impulsado

por oradores clandestinos, que bifurcaban

entre un subir e baixar unha forma de resistencia

que enlataba de gaitas o mar de alborada.

O fronte común de Pobos resistentes

que abalaban grandes extensións de terra

produtiva, embelecían paisaxes que poetas

describían coma tons amarelados dos silencios

Aine, espaventos de sabedoría

aturan este pais, que non lle atopo

o mais representativo, por variedade, si algo podemos definir

do noso Pobo, son as mulleres abríndose camiño no mundo.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado