incongruentes xustizas
Que é un ser human ?
algo de usar e tirar, de nacer
e morrer, de rir e chorar….,
os poderes só ven terra morta.
Que é a natureza ?
intoxicación dos poderes fácticos,
desequilibrios mentais dos homes,
forzas supremas exercidas polo sol e a lúa,
devastación dos humanos sen control.
Que somos o Pobo ?
números solidarios que exercen en solitario
os poderosos pra desequilibrar os veciños
con envexas que perturban a convivencia
pra desunir o que vive, e desorientar a unión do Pobo.
Atareados nos levantamos cada mañá
organizamos coma podemos o día
escribimos na mente os praceres vividos
e colocamos a noite nun recuncho os deberes feitos.
Prantar escusas o longo da vida,
sinónimo da perdida da realidade,
destruír eses pensamentos que nos levan a
posicións retrogradas impostas polas malas linguas.
Aine, que ceibes sería a vida
cando un sufrir sería unha ledicia
que embeleza as bagoas con sonos
utópicos envoltos en verdades e non en mentiras.