Inconsciencia

mércores 19 outubro 2016

Camiñemos na oscuridade

ás odas do mar

que as mareas

nos levan a liberdade.

Andas entre oliveiras

que esparrámanse entre

rúas que soben e baixan

tapando historias ovaladas.

As verbas bifurcan regatos

formando frases que engrosan

derivas na mente debuxando

corazóns que seducen ó poeta.

Vamos seguir durmindo....

sen loitar polo saqueo

que infrinxen a terra

espertemos das fauces do amor.

Si o mar amaina

non deixa de dar vida

si a terra dorme

non deixa de dar o froito.

Aine, un futuro con mentiras

que nos eclosionan día a día,

ou un futuro con realidades

que compraceran nosa dignidade






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado