Incultoloxía

luns 24 outubro 2016

Velaí anda o vento

encirrando o mar de alborada,

no só repenican os orizos

na recollida da castaña rapada.

A cultura do Pobo

mingua, sobre prantos cás

imaxes proxectan entre beizos

carnosos, que levitan mentiras indignas.

Dilapidar talento en doses

dunha copa, que verte no esófago

verbas inacabadas, provocando

a ira no linguaxe da liturxia falada.

Ponte no silencio cá noite

engule as estrelas, ca sinfonía

entre bastidores operan lúas

que rechaman as miradas enlatadas.

Singulares anécdotas discernían

nas verbas, entre mentiras andaba

os locuaces herdeiros da cruz

vociferando alaridos entre risas perversas.

Aine, buscar pra servir

e servir pra chorar,

a inocencia do pobre inculto

non se plasma nunha realidade rebelde.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado