Lanterna china

luns 29 agosto 2016

Si a pesar de co mundo

se vire cara un estado

onde os nosos corazóns

se xunten co amor dos irmandiños.

Si a pesar de que as noites

se viren a carón dun cor de brotes

estrañados pola auga que emana

da túa suprema intelixencia.

Si a pesar de que a nosa espera

se fai longa por non cadrar

as luces que de cando en vez

fallan no regazo das catro paredes.

Si a pesar que nos horizontes se ve

saír a luz do sol, o amencer

desperta unha verba sobre a miña

mente que tempera nosas miradas.

Si a pesar que non nos vemos

e estamos entre obstáculos que

se poñen con so pisar a rúa e ver

o silencio co veciño adopta.

Aine, espertemos dese soño

que nos ata na oscuridade

e non nos deixa correr na diáspora

da vida pra sentir noso amor.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado