lascivia

xoves 20 abril 2017

Adormecín a man

falando en solitario

unha noite de lúa chea

escoitando as túas verbas silenciosas.

Non discutía co frío

da noite nin coa resaca

da mañá, so esperaba

os soños que me ias contar.

Soa te podías atopar

non sei a verdade

so sei que me cantaba

as verbas que quería escoitar.

A noite me seducía

me tiña que perder

entre a lúa chea que miraba

e o sentir apagado dos dedos.

Tivemos minutos longos

estivemos separados no tempo

afloramos no inverno pasado

a luz que nos mira ó amencer.

Aine, que silencio nos tivo

o tempo entre as estrelas

adornadas polo mar que

flúe entre o teo corpo e meu soñar.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado