Liñas oblicuas

domingo 30 xullo 2017

Un vaso de viño

unha flor no lenzo

un prato na mesa

e un descansar pra o Pobo.

Os destinos solitarios dos chanzos

que sucan o ir do galego

que amaina co poeirento arrefriamento

que expresa a morriña do desterro.

A fabrica dos pensamentos

que igual ve un negro entre cartóns

cun branco con copas sedento,

o bonito sentarse a que chova co sol posto.

Verbas necias entran con aires

do porto, que envaíña o sable

pra agochar o porvir

das naturezas  envoltas nas discordias.

Deixo a dama que ten anaco

de fame, que engade os sos barrosos,

desprezo das elites, o vulgar

do recoñecemento da sabia pálida.

Aine, o sentir da man que escribe,

poliniza sen material o talento desconfiado

que xace dun amor entre comiñas

e un amor que vira entre soños.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado