Machistas

domingo 11 decembro 2016

Podedes facer muros

que separen a discordia

co mundo saberá diferenciar

a realidade dos obscenos.

Podedes regalar caramelos

ós nenos enganando que son

ouro eterno, que sempre abra

un que troque o pensamento.

Podedes formar guerras

en nome da liberdade

que so vosa conciencia sufrirá

os desequilibrios do estado natural.

Podedes finxir que chegamos

a lúa ou vamos chegar a marte

si realmente ignorades a verdade

de coma se comporta a natureza.

Podedes matar a literatura

o cine o teatro etc. coa ignorancia,

que sempre resucitará á vida

dun poet@ ca volva a escribir.

Aine, tomando unha éstrella Galicia

entoo sistemas resgardados

polas sílabas cós poetas describen

no corazón dunha musa invisíbel.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado