Man

venres 08 xullo 2016

O xugo que non quere

arrear, preguntarse o por qué

e non abrigalo,

perde a súa dignidade.

Usar o control coa forza

equivale a perder a razón

sobre o estado de animo

onde o apoio ten que ser total.

Levar a ruta polo embrión

que escolle o camiño, despois

de seducir co amor, os paisaxes

que frecuenta o mundo.

Pensar porque nos leva a pensar

cás propostas que seducen,

non acarician o melón da mente

que se desvía do enigma do razocinio.

Os pequenos detalles co corpo

asina reconstrúe no cerebelo

a doses de megavatios que con

esmorga reducimos, despois de gastalos.

Aine, nosa man abarca o conciso

e o alleo da vida, que purifica

en saúde os acordos que lle propoñemos

ó estar xuntos en círculos diversos.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado