Mar de alborada

xoves 15 setembro 2016

Quero non deixar de pensar

que vexo en cada viño, un sorbo

do teu manxar que anicase

no meu corpo coma unha flor de azar.

O destino non flúe coma as estrelas

do mar, cando entre fusco e lusco

mírote dende a lonxanía sobre

a imaxe que me fago no mar.

Nos teñen enredados

entre labirintos que non poden

descifrar mais que nas mans

do teu sono que é regar de fantasía.

A música que cada día escoito

non deixa de variar notas que

sofren no mediterráneo e que viramos

dende o atlántico a mar aberto, o saluco.

Si por patas correra ao encontro

que esmiuzamos en recordos

dende o mar que te mira

e o río que flúe cara ti.

Aine, non deixo de vertebrar

poesía sobre este mundo, que

se suicida por avaricia dos que

enchen de agarimos os baúis da desidia.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado