mar de fondo

luns 12 setembro 2016

Miña musa e eu nos sentimos

cunha envexa do poder en sonos

porén a realidade nos di co mundo

non é noso senón da humanidade.

Miña musa e eu soñamos

co “capital” porén non ca avaricia

dos capitalistas que so pensan no seu

mundo sen contar cos vasallos cos manteñen.

Miña musa e eu adoramos

os cartos porén non pra que

se maten os veciños senón pra

convivencia dos irmáns sen afán de lucro.

Miña musa e eu non xogamos

a poñer muros de ignorancia

entre os Pobos pra podelos explotar

co afán da riqueza do señorío.

Miña musa e eu non derramamos

a sangue de Pobo pra diagnosticar

os silencios do humanos que gozan

vertendo holocaustos sobre o planeta.

Aine, amor, nos critican

nos difaman, nos silencian

asemade nunca porán subsistir

ao convencemento do amor por nosa terra.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado