MEL

domingo 19 xuño 2016

As noites caen frías en primaveira

chove polas montañas e vales,

o sol sae a ratos xunto as nubes

e escurece entre a luz dos farois.

Amence un día despexado

ao meu lombo, a certa hora,

o sol empeza a quentar o salón, onde sentado

no sofá vello empezo a recibir enerxía.

Que mellor, pra quentar o meu corpo

onde o sofá me da calafríos

onde as pernas sofren un pouco

malia a mente esta poderosa.

Escoito os paxaros  o seu cantar

non distingo os seus sílvidos

porén transmítenme alegría

ós sentidos pra servir a miña vida.

Oigo na tv historias que contan

unhas veces de amores outras de causas

perdidas, mais os meus pensamentos

razoan cunha vida mellor e posíbel.

Aine, mentres razoo esta poesía,

o teu pensamento parece que fala

porque sempre que fago unha estrofa,

á mente vés, sempre ao meu carón.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado