Mociña sirena

domingo 09 outubro 2016

Acabo de recibirte

meu amor no regazo do

sentimento

que escoito co pensamento.

Falas dun amor nocturno

que me mandas imaxes

que me chegan en forma

de corpo estructurado e belo.

Non sei, porén hoxe

non percibira un ar

que me trouxera novas

onde túa presencia fora viral.

Por votar de menos

uns fogos que alumearan

teu corpo nunha noite

de desenfreo emocional.

Alguén esqueceu o chamar

a porta do amor,

onde o xuntar de ledicia

percorrera nosos corpos silenciados.

Aine, a memoria que me

agudiza o estado no que

nos topamos, recórdame

que segues aí.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado