¿moralexa democrática?....

martes 31 xullo 2018

As avenidas vólvense  tumultuosas

de Pobo pedindo DEMOCRACIA,

as pisadas sobre o asfalto desbaratan

sabedoría, os berros có Pobo dignifica.

O entusiasmo é tal cá sínteses

da utopía de mulleres e homes

que coidaban cun mundo non era

posíbel , se facía realidade despois de milenios.

A negra sombra que Rosalía expresaba

na súa poesía, dignificaba xa naquela

época o rapikoque do escuro e profundo desenrolo

do cerebelo, do macho que impregnaba o pensamento.

As oligarquías dominantes entre batallas

ecuestres, e novas formas de aparellos de destrución,

xogaban partidas entre os Pobos alimentados

de armas, e sacándolles o sustento da vida, a comida.

As relixións que eran o poder total

perderon desta vez, o fausto poder

que tiña sobre o dominio do Pobo,

descubrindo eles mesmos a súa gran mentira….

…. a incógnita despexouse no intre

que iso, desempeñou un papel primordial

ante todo un pasado indescifrable, que só

coa axuda do Pobo foi posíbel vencer.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado