morena.....
lembro coma entre os teus brazos
paseabas, un pesado, de ollos bonitos
dicíanche cando íamos polo veirarúas.
lembro o castigo no que me obrigaches…..
que me serviu có tempo, pra entender, co
que existía pra o mundo, non existe, só recolle
voces do mal… que nos “cuspían” sen sabelo.
lembro a educación que nos deches a nos
e algún pinito fixeches que deixaches pegada,
podo dicir que non facían falla verbas entre nos pra que
túa intelixencia afectara en min, só unha xenia…..
lembro que cos ollos te miraba,
coma as mans cociñaban entre os fogóns do gas,
ou da madeira queimada, pra que no meu
cerebelo inculcaras a cociña coma arte culinaria…..
Ledicia….. dicíasme que fora o millor, e eu dicíache
que pra que, si consideraba a tod@s por un igual,
e o sigo pensando, porque ninguén pode ser “rei” pra asoballar
os POVOS, nun mundo de sufrimento, cando a Ledicia ten que “namorar”…..