!MUDO ON....!
Son un pallaso que fai rir o mundo
co loucuras que discriminan mentes
rebeldes, proporcionándolles a auga da vida
para sentirse ceibes coa saude de ferro, é LIBERDADE….
A LIBERDADE DE RESPETO EXERCIDA
POL-O POBO CATALAN ANTE
RELIQUIAS CAPITALISTAS DO PASADO
VIRONSE E VERANSE NOS LIBROS DA HISTORIA HUMÁN.
mentres o rubir e baixar
do “galego”, se disfrace de
non se sabe que, a cousa flúe
entre bambolinas.
De que vale agocharse no estado
si o sol entra pola fiestra,
de que vale agocharse no mundo
si a lúa te desperta.
O olor púrpura das mañás
e o olor púrpura das noites,
regulan a temperatura corporal
dos soños infantís virtuais.
A voluntade ocupada pola
conciencia, analiza o desenrolo
do imaxinario, reverenciando
a realidade nas verbas faladas.