Muiñeira

domingo 12 novembro 2017

Que é o nacionalismo pra min?

me teño feito moitas veces esta

pregunta, se nunca ter unha resposta

exacta, mais ben inexacta.

Por que si miro pra o estado, vexo

un nacionalismo que non flúe polas

miñas veas, sinxelamente me parece

un ignorante que non ve mais co que quere ver.

“A su ancha es castilla” esquecen que

sinalar a tod@s por un igual, non pode ser

porque hai Pobos que teñen outros sentimentos

que inda que estamos aí, non nos representan.

Aceptamos unhas regras de xogo establecidas

por séculos, co único que nos leva sempre

é a enfrontamentos perdurables no tempo

ao cal cada vez que se busca unha solución, dilapidase.

Si o estado non fai cás nacións que existen

se vexan coas bandeiras dos Pobos, arranxando,

ca prepotencia non vai en ningún barco

mais ben pecha fronteiras, e provocan tormentas.

Aine, deduzo que este nacionalismo

non é o meu, porque enturba a habitabilidade

entre os Pobos, que son irmáns, e desorienta

un aguia, rompendo un consenso co so un afán de poder.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado