mundo líquido

sabado 14 xaneiro 2017

Anos levo falando

anos levo escoitando

anos divulgas túas sintonías

anos fago poemas que recollen o teu estado.

En poucos anos me embargaches

o tempo perdido entre as copas

que divagaba polo entusiasmo

do ser que balanceaba por coñecerte.

Entre silencios remataches

meu ego, de cando en vez escoitei

aquel ansia que tiñas cando a noite

se facía febre do arquetipo da túa posesión.

A empatía que serviu pra atoparnos

entre un verxel de flores

que recollía teus cabelos

en poses de medo que non amañados.

O teu corpo non se perde cos anos

o meu regulase co teu animo

só os días que flirtea do día

escórrense polas horas desenfreadas.

Aine, non volto a un onte

nin desmitifico un mañá novo

so ti emerxes a un futuro

onde os soños se fan efémeros.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado