Nenúfar

martes 09 agosto 2016

Plasmo sobre o lenzo

as pisadas que en silencio

escoito de cando en vez

o son que en forma de verbas, fala.

As liortas que sobre antagónicos

versos versan as verbas, que no teu

reclamo, llo fas aos asubíos,

saloucan loucuras externas.

Non te oio dende o remanso

que nunha veira do río, as meigas

seducen nosos pensamentos

que hai que pillar ao voo.

Na escura das habitacións co

cerebelo rega a nosa sabedoría

hai chaves que ábrense

revolucionando os corredores do amor.

Os tragos que nos damos cada

noite, entre silencios que escoitan

as paredes dos desexos amorosos

ca vida nos outorga  en imaxes.

Aine, ese mar que poder ver dende

o teu encanto que mira coma as augas

fanse virais e mergullen en cores

os pinceis que voluminen moito amor.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado