Nicaragua-g.V.

venres 08 xuño 2018

Vou ser duro comigo mesmo

o dor dunha morte, son sentimentos

adxacentes, cando son no teu contorno,

porén son os mesmos que outr@s de calquer rabaño.

Se miramos aos feitos cometidos por

atentados terroristas defendendo o que

eles cren, non pensan no seu rabaño,

se non en facer un efecto do medo no cidadán.

Se miramos dende o punto de vista

dos estados, actúan semellantes, só que

no papel figura unha legalidade adscrita

que resolve o problema a vista cidadá.

Outras son provocadas pola natureza

en si mesma, accidentes, enfermidades

e mesmo o tempo que di que acabouse

xa estiven moito tempo gozando deste mundo.

Non somos nos os que sufrimos

estas formas distintas de morte,

os animais pásalles o mesmo, que revertan

os seus pesares a súa natureza dando vida.

…. Por iso se pensamos friamente

sen liturxias, ocúpanos o tempo de que

toda morte e igual, só que experimentamos

un dor, que vemos reflectido de cando nace novo ser.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado