noúmeno
Engulindo información, de varias vertentes
analizando resultados, resúltame preocupante
que algo falla, ou o medo predomina mais que nunca,
ou a informática alínea , ou a esquerda esqueceu quen é.
Escoito declaracións un tanto estrañas
coma querendo dicir que unha verba antes era
unha cousa e agora é outra, pregúntome
cal é a diferenza, quizá algún sobre perdido?.
A arrogancia pode machucar a desvergoña,
o sentidiño pode esmagar a envexa,
o dilema é pensar ou non pensar,
e deixar cos demais o fagan, cos resultados a vista.
Os poemas non se visten de rabia,
nin se diploman de copias baratas,
escríbense de Rapikoque, e sen alardes,
porén buscando unha realidade cás atesoura.
As verbas deixan polo camiño a crueldade,
as pisadas describen os vaivéns cá vida
deu e da, porque o falcón non se enche de
palla, senón de grao pra surtir a consciencia.
…. quen fora albanel, carpinteiro, etc….,
moi poucos, necesitan de oficios que
cubran necesidades das persoas que podan
amañar unha inxustiza, mortes,etc…., co Pobo teña que reclamar.